No ano 2005 A Asociación de Empresarios de Chantada levou a cabo unha iniciativa para englobar a todos os comercios asociados dentro do marco dun Centro Comercial Aberto, o que daría lugar a un plan estratéxico de mellora do comercio.
O proxecto denominouse CENTRO COMERCIAL ABERTO RIBEIRA SACRA DE CHANTADA e dende entón ven a desenvolver distintas actividades tales como cursos de profesionalización, xornadas informativas, campañas promocionais, estudos de mercado, etc., o que, ó día de hoxe, permite presentar ó sector coma un dos máis dinámicos da comarca dentro do que cabe destacar a calidade dos servicios, a profesionalidade dos seus integrantes e o coñecemento profundo tanto das necesidades da clientela como dos productos ofertados.
Dende o CCA RIBEIRA SACRA, conscientes do gran potencial turístico da zona, tamén se está a traballar na mellora continua do entorno comercial da vila con iniciativas como a da recuperación da celebración dos días de feira no centro do pobo, señalización nas rúas dos comercios asociados, dotación de puntos publicitarios estratéxicos, etc.