|
A idea de crear unha asociación de empresarios en Chantada xurde entre os anos 1988/89 da iniciativa dun reducido grupo de persoas que lle van dando forma ó proxecto ata que finalmente, o 12 de Xullo de 1990, quedan legalmente redactados os estatutos e o acta fundacional do que se denominou Asociación de Empresarios de Chantada que contaba cun total de tres socios e da que D. Ramiro Fernández Varela é nomeado presidente.
Por diferentes motivos, durante catro anos, o funcionamento da Asociación quedou paralizado pero, despois de darlle o impulso necesario, o día 30 de Marzo de 1995 e nunha multitudinaria reunión que ten lugar nun coñecido restaurante da vila elíxese unha Xunta Directiva da que Ramiro Fernández é ratificado como presidente.
A partir de ahí iníciase a posta en funcionamento da organización, local social, persoal administrativo, captación de socios, etc., e unha vez establecidos, durante os anos 1995/96 comézase o desenvolvemento de diferentes accións encamiñadas a dinamizar o comercio e a imaxe de Chantada, foron os anos da posta de longo da Asociación de Empresarios que coa campaña MERCA NA TUA VILA consigue un gran impacto e ademais promociona eficazmente a coñecida enseña rexistrada CHANTADA CORAZÓN DE GALICIA. Ramiro Fernández:.- - Esta agrupación leva feito multitude de accións encamiñadas a dinamizar a vida Social, mostras empresariais, debates políticos públicos, campañas de fomento do comercio, etc., en tantos anos de actividade ininterrompida a lista de eventos sería interminable, pero as miñas inquedanzas non eran so a promoción do comercio ou a imaxe de Chantada, tamén me preocupaba o terreo industrial que, por aquel entón, era moi escaso. Froito desa inquedanza iniciouse o estudo de implantación dunha fábrica de Vidro oco e, como de xeito evidente aquilo era viable, fundouse VIDRONOR S.A., pero por avatares da vida e un nulo apoio político o polémico proxecto foise a Xinzo de Limia que na actualidade conta con 135 postos de traballo directos aproximadamente. Anos máis tarde e tamén dende a Asociación fraguouse outro proxecto, o que hoxe é Asma-Yect, S.L. - Dende este eido quero agradecer sinceramente a todas aquelas persoas que colaboraron e colaboran en que esta Asociación siga viva.
|