Inicio Novas I CONCURSO D' TAPAS - CHANTADA '09
I CONCURSO D' TAPAS - CHANTADA '09 PDF Imprimir Correo-e

       Os 8 pasos para disfrutar do I  CONCURSO  D' TAPAS - CHANTADA '09

 


 

1

Achégate ata un dos locais que participan no evento…

 

…levanta a testa e bota unha ollada ó teu arredor, e moi posible que estes dentro dun deles…

2  

…Si é así, intenta recordar como chegaches:

a)   Cheguei só

b)   Cheguei con máis peña

c)   Cheguei só, pero gústame vir con máis peña

d)    Non sei como cheguei

3   Resposta a) pilla un pasaporte individual

     Resposta b) propón á peña pillar un “pasaporte de peñas”, o premio non ten desperdicio, (consideraremos “peña” ó grupo de 4 ou máis integrantes).

     Resposta c) decide entre a resposta a ou a resposta b

     Resposta d) Vaite a modo, o xenio sen control non serve de nada

4    

 Xa es posuidor/a da xoia da coroa:

 

O PASAPORTE D’TAPAS 09

 

Ahora só tes que ir tapeando polos locais participantes. No pasaporte tes unha lista con todos os que están no lío e a súa situación no plano de Chantada.

5    

Cada participante ten exposta a tapa ou tapas coas que concursa., tradicional e creativa, ou unha das dúas. Cada vez que papes unha delas esixe que che poñan un selo no pasaporte. Tes que xuntar un mínimo de 10 selos distintos para poder votar pola que máis che gustou e poder entrar no sorteo

6     Cando teñas os 10 selos hai dúas opcións:

a)    Poño o nome da tapa tradicional e creativa que máis me gustaron xunto co nome do local onde ma serviron, o meu nome e teléfono, e meto o pasaporte na urna de calquera dos locais participantes.

b)    Sigo tapeando ata xuntar os 16 selos para participar en dous sorteos

7   Resposta a) Alá ti, seguro que che van quedar as mellares sen provar, pero xa podes participar nun sorteo.

       Resposta b) Eres un campión/a. Segue tapeando e cando teñas os 16 selos pon o nome das tapas, tradicional e creativa, que máis che gustaron, mete o pasaporte nunha das urnas dos participantes e reza para que che toque un dos dous sorteos.

8      O día 29 de xunio Pon as noticias de tele20 para ver os sorteos.

¿Qué che toca?, disfrútao e celebrao, merecéchelo

¿Qué non che toca?, non chores, comeches, bebeches e pasáchelo de medo

¿Sodes peña e tócabos?... mellor non pensalo

¿Sodes peña e non vos toca?, vos si que o pasastes ben

 

 
Iniciar sesión